top of page

Blogue da Biblioteca
Este é o blogue da biblioteca do CEIP María Pita
Aquí intentaremos contar o que facemos, o que pasa na biblio (e no resto do cole porque somos algo rexoubeiros.!), o que nos gusta... e cousas varias que se nos ocorran
Buscar


Letras Galegas 26
Neste curso, polas Letras Galegas, levamos a cabo varias actividades. Por unha banda o noso tradicional concurso de chistes. Cada ano o noso alumnado superase con respecto ao ano anterior!! Podedes ver todos os chistes AQUÍ. Por outra banda, "Contos Compartidos". Unha actividade para homenaxear a Begoña Caamaño. Contos compartidos onde familia e alumnado crearon grandes historias xuntos. Primeiro na casa, elaborando historias cunha personaxe común. E logo compartindo esas hi
17 may1 min de lectura


Xogos Compartidos
Estas semanas levamos a cabo unha actividade que, dende logo, foi das favoritas do alumando. Durante un tempo, os nenos e nenas de sexto fixéronse expertos e expertas en varios xogos de mesa. Analizaron as instruccións, xogaron e decidiron como ían explicalo aos demáis. Todo o cole foi testigo dos bos mestres e mestras que son ao longo de varias xornadas nas que visitaron as aulas para mostrar e ensinar novos xogos da biblioteca. Podedes ver a publicación AQUÍ
15 may1 min de lectura


Semana do Libro 26
Este ano, pola semana do libro, levamos a cabo dúas actividades. Por unha banda, enchemos unha parede con PosIt dos nosos libros e contos favoritos. Traballo compartido por todo o alumnado ao que atopábamos buscando e recomendando os seus libros aos compañeiros e compañeiras. Por outra banda, tivemos unha xornada de Acompañamentos Lectores. Foi unha xornada máxica para compartir e gozar todos xuntos. Podedes ver esta xornada premento AQUÍ.
27 abr1 min de lectura


Podcast por Rosalía
O noso alumnado está preparado para presentar o seu primeiro podcast. E que mellor que honrar a Rosalía na súa semana!! Pasade por a sección de Radio María Pita no banner da web e atoparédelo completo.
25 mar1 min de lectura


8M en XogoLandia
Este ano quixemos vincular este día a grandes mulleres deportistas, "xogadoras" de múltiples disciplinas. Cada aula investigou sobre algunha e logo fixemos unha posta común nun gran "Quen é quen?" que recollía toda a información recapitulada. Agora, cada vez que pasemos por ahí podemos botar unha partida! Podedes velo no seguinte enlace, premendo AQUÍ.
8 mar1 min de lectura


Maleta Viaxeira
Como cada ano, temos a sorte de gozar coas Maletas Viaxeiras que pon a nosa disposición Asesoría de Bibliotecas. Estas maletas cheas de libros permanecen no centro durante un mes. Tempo no que alumnado e profesorado pode aprender e pásalo ben co seu contido. Este ano comezamos. cunha de matemáticas e, aló por maio, teremos outra chea de cómics.
4 mar1 min de lectura


Semana de Rosalía
Esta semana celebramos o día de Rosalía cun xogo de pistas polo cole. Cada unha delas levávanos a un lugar diferente onde atopábamos distintas curisidades sobre ela. Sabíades que hai casi 300 rúas e prazas co seu nome en España? que no ceo brilla unha estrela co seu nome? Pequenos datos curiosos foron os que atopou o alumnado ao chegar ao lugar a onde os mandaban as pistas repartidas polo centro. O punto final do xogo: a biblioteca. Alí atoparon o seu agasallo por completar o
25 feb1 min de lectura


Novidades 2º Trimestre
Aquí temos as novidades que veñen. no segundo trimestre! Grazas Fátima e Nodor por este podcast resumo das actividades que levaremos a cabo. A
29 ene1 min de lectura


Recomendacións lectoras polo Nadal
Este curso, o noso Calendario de Advento estivo cargado de xogos, momentos para compartir e, por suposto, de libros cheos de maxia para estas datas tan especiais. Podedes ver as nosas recomendacións nesta publicación de instagram. Preme na imaxe. Gozade destas datas e de máxicas lecturas!
20 dic 20251 min de lectura
bottom of page
