Creando Xogos
- 18 dic 2025
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 25 feb

Dentro do noso PDI XogoLandia, o alumnado maior do cole fixo unha exposición cos xogos que elaboraron este primeiro trimestre.
Cando o alumnado crea os seus propios xogos de mesa, non soamente está pasando un rato divertido, está a desenvolver múltiples competencias de xeito integrado. Con esta actividade traballamos o pensamento creativo, o pensamento lóxico e estratéxico así como a competencia lingüística, matemática e o traballo cooperativo. Por suposto, ten unha gran carga de expresión artística e fomentamos a súa autonomía e iniciativa persoal.
Maravilloso traballo!!!











Comentarios