
Aquí poderás atopar parte do Proxecto de Centro deste ano: XogoLandia. o lugar dos xogos. Un proxecto onde pasalo ben mentres aprendemos.
XogoLandia

Novidades
1 / Un samaín de xogo
O noso, xa tradicional, concurso de monstros e relatos de medo tivo este ano unha premisa especial. O protagonista tiña que ser o protagonista dun xogo, ou o relato ter lugar dentro dun. Podedes ver como quedaron no seguinte enlace. AQUí
3 / polo san martiño...
Este ano, o 11 de novembro fixemos unha gran exposición de peóns na entrada do cole. Ao día seguinte, Luis Ramas, fixo un obradoiro sobre eles que foi de gran goce para o noso alumnado. Polo Martiño, peóns ao camiño!! E seguimos xogando!
5 / Calendario de Xogos
Este ano. no noso calendario de advento, non podían faltar os libros. Eles son o motor de calquera biblioteca. Pero tamén se colaron os xogos. Polo medio tiñamos que xogar ao Tabú, ás sopas de letras ou ás adiviñas. Gozamos destes momentos de diversión nesta recta final do trimestre e do ano que está a piques de rematar.
2/ Un magosto de Xogos
Este magosto, ademais de gozar dunhas riquísimas castañas, o alumnado participou dunha serie de xogos populares que compartiron nos diferentes patios. Xogolandia polo Magosto!!
6 / creando xogos
Nestes días de Nadal, nos corredores do alumando maior, temos unha exposición dos xogos elaborados por eles neste primeiro trimestre. Podedes velos clicando AQUÍ
7/ O noso primeiro programa de radio
Este ano, polo Día de Rosalía, e relacionado co noso PDI, fixemos un xogo de pistas polo cole. Cando atopábamos o lugar que indicaba a pista descubríamos unha curiosidade de Rosalía que preparara o alumnado maior de 6º. Podedes ver un resumo de ese día neste post do noso blogue. Ademais, fixemos o noso primeiro programa de radio para contalo!! Podedes velo na páxina da nosa RADIO
9/ xogos compartidos
Levamos a cabo unha actividade que, dende logo, foi das favoritas do alumando. Durante un tempo, os nenos e nenas de sexto fixéronse expertos e expertas en varios xogos de mesa. Analizaron as instruccións, xogaron e decidiron como ían explicalo aos demáis. Todo o cole foi testigo dos bos mestres e mestras que son ao longo de varias xornadas nas que visitaron as aulas para mostrar e ensinar novos xogos da biblioteca. Podedes velo AQUÍ.
8 / Quen ê quen?
Polo 8M fixemos un "quen ê quen?" coa biografía e datos curiosos sobre grandes xogadoras de distintos deportes. Este coñecido xogo quedará na porta da biblioteca para que podamos rogar a el sempre que queramos. Podedes velo AQUÍ.
